LisLatas

Obradoiro

A elaboración de instrumentos musicais de gama profesional require un coidado escrupuloso en tódas as fases do proceso de construcción, selección de madeiras e tratamento axeitado delas, concedendo especial atención e respectando os distintos tempos de manipulación até acadar un instrumento selecto e profesional.

Un artesán ten de se acompañar das máquinas e ferramentas axeitadas para o seu labor, de forma que faciliten e melloren a cualidade dos distintos procesos de construcción, mais tamén ese mesmo artesán debe crear aquelas ferramentas ou máquinas adaptadas ás diferentes facetas do proceso de elaboración dos instrumentos musicais, pois, en ocasións, non existen no mercado. Esta capacidade de creación e manipulación até conseguir os utensilios adaptados para o seu labor reflicten a madurez e a evolució,n dun artesán.

O éxito do obradoiro alicérzase en varios esteos:

Sen dúbida, o obradoiro de gaitas está integrado por grandes profesionais de distintas ramas, entre as cales sobrancean as seguintes: